Furancho Telmo

Por José Manuel Paz
Furancho Telmo

O Furancho Telmo está en Balteiro, na parroquia de San Andrés de Figueirido que pertence ao Concello de Vilaboa.

Chégase pola estrada nacional N-550 que une Arcade con Pontevedra. Atopalo é moi sinxelo xa que está na propia estrada nacional. A uns cinco quilómetros antes de chegar á cidade de Pontevedra, está fronte ao desvío que indica a subida con dirección Brilat/Figueirido.

Teñen un bo viño branco albariño e tinto do país. Entre as súas tapas podemos comer unha boa zorza, orella, tortilla, empanada de pan de millo de zamburiñas ou empanadillas. Co viño póñenche unha tapa de lentellas. Os postres son totalmente caseiros e se eres dos nostálxicos aqui poderás comer unha vincha coma as que facía a túa avoa.

Os prezos son económicos.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho Telmo
Furancheiro

19/04/2019 - 19:05

Moitas grazas pola información Angie. Actualizarémola na web.


Angie

19/04/2019 - 18:05

Yo os mandé un correo para hablaros de este furancho espero que os llegará y lo pongáis gracias


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: