Furancho Casa Manteiga

Por Moisés López
Raxo Furancho Casa Manteiga

O furancho Casa Manteiga está situado no pontevedrés concello de Campo Lameiro, na vila de Praderrei na parroquia de San Miguel do Campo. Zona con un importante patrimonio de xacementos arqueolóxicos.

Chégase dende a cidade de Pontevedra pola estrada nacional N-541 ata o Concello de Cotobade, alí collemos o cruce que leva a Fontán/Cutián pola estrada PO-231. Ó chegar á Area Recreativa de Lodeiro, pasando a ponte que cruza o río Lérez, collemos o cruce en sentido Praderrei que xa nos indica a Casa Rural Manteiga.

O furancho está montado nos baixos da Casa Rural Manteiga, pero independentemente abre o furancho xa que o comedor non soe ofrecer servizo de comidas para os hóspedes. Dispón dun amplo aparcadoiro onde deixalo coche.

Serven un bo viño da zona, tortilla, raxo, pementos, orella churrasco… Por encargo fan tamén cocido.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho Casa Manteiga
Manu

17/02/2020 - 16:11

Todo un acierto de sitio. Fuimos porque lo leímos en vuestra página y nos encantó. Buenas raciones, el vino está riquísimo y todo a un precio muy económico. Gracias por esta recomendación.


Barbara

14/02/2020 - 03:04

O trato do persoal e moi cercano. Boa xente, moi bo producto e o lugar moi bonito. Repetiremos ????


Enviar un comentario