O furancho Elisa atópase na parroquia de Figueirido no Concello de Vilaboa. Se o que buscas é un viño branco de calidade éste é o teu furancho sen dubidalo.
Chégase dende a estrada N-550 que une Redondela con Pontevedra, xusto antes do Motel Edén collemos o desvío que hai á dereita. Pasamos por debaixo da ponte das vías do tren e continuamos por esa estrada ata o cementerio de San Andrés de Figueirido. Alí xiramos á esquerda e a uns 500 metros temos que estar atentos ao desvío á dereita que leva ó furancho. Está ben indicado co loureiro, se vas atento non ten perda.
Neste furancho poderás desfrutar dun dos millores viños que serven pola zona. O seu branco resultou gañador da VIII Mostra do Viño celebrada en xuño do 2019 na parroquia de Santa Cristina de Cobres pertencente a Vilaboa. Nin que dicir que o seu branco trátase dun viño de excelente calidade, pero o tinto que serven non se queda atrás.
De tapas teñen embutidos, tortilla, empanada, empanadillas, raxo, zorza, chourizos e orella. Boas racións a bo prezo. Sen dúbida o furancho de Elisa é unha parada obrigatoria se vas por esta zona.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.