Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho da Pigarreira

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Estrada Santo Paio de Arriba, 134
C.P.: 36818
Concello: Redondela
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.274859, W -8.591291

Horario:

Dende xuño a xullo
xoves a domingo: 19:30 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Non dispoñibles

Comparte este furancho:

O furancho da Pigarreira está en Redondela. Para chegar a mellor opción é ir pola estrada que sobe cara a Reboreda dende a praza de Ribadavia e coller o desvío que nos leva cara á Igrexa de Santa María de Reboreda. Pouco despois de pasar o furancho Reboraina viramos á esquerda polo cruzamento que nos leva ó Camiño da Misión. Dende este cruzamento, sen desviarnos, chegaremos ao furancho.

Non dispón de aparcadoiro propio e hai que buscar polos arredores da leira un lugar para aparcar o coche. Non é moi complicado atopar sitio.

O furancho da Pigarreira é totalmente exterior e todas as súas mesas están situadas debaixo dunha parra na leira da vivenda. Teñen unhas mesas amplas e o ambiente que hai é moi familiar e agradable. Ao ter soamente mesas exteriores no caso de que chova non abren as súas portas. Ó ser un lugar cun número limitado de mesas tampouco fan reservas.

Tanto o viño como as tapas son de excelente calidade. Branco moi fresco e afrutado feito con uvas albariño, godello e treixadura, e tinto cun punto de acidez xusta. Ambos moi doados de beber.

De tapas serven tortilla, empanada, zorza, chourizos ó viño, orella ou a súa especialidade, os rosarios, que son pequenos anacos de costela adobada e fritida. De sobremesa non falta a clásica tetilla con marmelo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho da Pigarreira”

Your email address will not be published. Required fields are marked *