Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Barrio das Flores

Por Jesús Caballero
Valorado 3.67 sobre 5 baseado en 3 puntuacións de usuarios
(3 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Veiga do Campo 2
C.P.: 36470
Concello: Salceda de Caselas
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.113450, W -8.552906

Horario:

Dende marzo a maio
venres, sábado e véspera de festivo: 19:00 a 00:00
domingo e festivo: 12:00 a 16:00 e 19:00 a 00:00

Estes horarios son orientativos e poden variar

Teléfono:

Comparte este furancho:

furancho Barrio das Flores está situado no concello de Salceda de Caselas, na parroquia de Santa María de Salceda.

Para chegar dende Salceda, partindo fronte ó auditorio da vila, hai que subir pola rúa Doutor Zunzunegui ata entrar na Parroquia de Santa María de Salceda. Seguindo por esta estrada, a uns 150 metros antes de chegar á igrexa, collemos o desvío á esquerda que nos levará ao furancho.

Servizo e atención cercana, con comida e viño coma se fora na túa propia casa. O furancho está atendido por Alejandro e Marina que son uns excelentes anfitrións, sempre pendentes de que estés a gusto.

Viño branco e tinto espectaculares e tapas de tortilla, raxo, costela, croquetas con e sen gluten. A súa especialidade son as empanadas de estrugas.

3 valoracións en Furancho Barrio das Flores

  1. Valorado en 5 de 5

    Sofia

    Espectacular comida totalmente caseira , lugar moi acolledor e Marina e Alejandro entrañables persoas.

  2. Valorado en 1 de 5

    Gonzalo

    UN ATRACO,
    Una de raxo, dos empanadillas,y dos vinos 24 € , que hablamos de un furancho más caro que en una taperia

  3. Valorado en 5 de 5

    Daniel

    La empanda de ortigas es una auténtica pasada. El vino es de los mejores que he probado en los furanchos a los que fuí. Buen sitio.

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *