Tapería Rural Ardora

Por Furancheiro
Entrada Taperia Rural Ardora

A Tapería Rural Ardora atópase na parroquia de Mañufe, pertencente ó concello de Gondomar. Chégase pola avenida de Portugal se ves dende Ramallosa ou pola avenida Elduayen se o fas dende Gondomar. No cruce onde rematan ambas avenidas (hai un cruceiro) collemos a estrada sentido Mañufe e pasando a igrexa e o cemiterio atopamos a tapería Ardora.

Ten un aparcadoiro propio moi amplo onde caben moitos coches, polo que non terás ningún problema pra aparcar.

Trátase dunha gran casa rehabilitada, rodeada de finca que está nun alto dende o que se pode ver gran parte do Val de Gondomar. Na parte de fora ten unha ampla terraza con mesas debaixo dunhas parras e outras nun cobertizo aberto, ideal para cando o bo tempo invite a comer ou cenar no exterior.

Terraza Tapería Rural Ardora

Por dentro é un lugar tremendamente agradable e amplo. Ten varios comedores dispoñibles. Un deles con un gran ventanal e moita luz natural, outro máis pequeno pra comidas de grupos e o principal con teitos altos dos que colgan grandes lámpadas, mesas de distintos estilos e incluso unha cheminea para os días de friaxe.

O sitio é realmente acolledor e agradable.

Comedor Tapería Rural Ardora

Teñen unha carta que non é moi ampla pero cunha boa variedade de produtos. Ensaladas, petiscos, peixes, carnes e postres caseiros. Todo con productos da terra e cunha boa elaboración. Os prezos razoables.

Xa nos viños hai máis variedade e serven brancos e tintos de varias denominacións de orixe nacionais. Faltounos algún viño da casa na carta.

Para os que prefiren comer de menú, tamén teñen menú do día por 12 euros que inclúe un primeiro e segundo a escoller, pan, postre, bebida e café.

Compartir:

Comentarios sobre Tapería Rural Ardora
Sé o primeiro en comentar algo deste recuncho
Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: