Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Taberna Papuxa

Por Furancheiro
(2 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Calle Porta Nova Darriba, 5
C.P.: 32400
Concello: Ribadavia
Provincia: Ourense

GPS:

Coordenadas: N 42.287598, W -8.142529

Horario:

venres e véspera de festivo: 19:00 a 00:00
sábado e domingo: 12:00 a 15:00 e 19:00 a 00:00

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este recuncho:

Taberna Papuxa atópase no barrio xudeo, en pleno casco histórico de Ribadavia. Probablemente é un dos lugares máis singulares e con máis historias que contar de toda a comarca do Ribeiro.

A Taberna Papuxa foi pasando de xeración en xeración dende que aló polo ano 1872 José Dávila Lorenzo decidiu recuperar unha antiga bodega que xa levaba funcionando dende principios do século XIX. A súa idea foi convertela nun lugar de xuntanza dos veciños de Ribadavia, onde poder ir a bailar e cantar pero, sobre todo, beber un bo viño do Ribeiro.

Xa nos anos cincuenta o seu fillo tomou o relevo e agora é o seu neto o que rexenta o negocio. É a bodega máis antiga de toda a comarca, e ata fai pouco abrían coma furancho durante tres meses ó ano, pero a eleveda demanda levoulles a abrir durante máis tempo.

É un sitio enxebre e pintoresco. Aínda conserva o chan orixinal de terra dos seus inicios e din que o fan porque deste xeito o viño conserva moito mellor a súa humidade e frescor. As súas paredes están cheas de historias, colgan os chourizos e xamóns e hai un arrecendo a taberna das que xa non podemos desfrutar en ningún outro sitio coma neste.

Garda tan ben a esencia do pasado que a Taberna Papuxa foi unha das localizacións elexidas por Ignacio Vilar para rodar a súa película “A Esmorga”, adaptación ao cinema da novela de Eduardo Blanco Amor.

Teñen viños de colleita propia e de colleiteiros da zona que o elaboran expresamente para eles. O viño aquí non cho serven na mesa, senón que ao entrar colles unha cunca e fas a ruta do “pipotiño” como a chaman eles, que non é outra cousa que servirte ti mesmo dos propios barrís. E así botas a tarde, de billa a billa, de branco a tinto…

Para acompáñalo viño teñen tapas de chourizo, xamón, pementos de Arnoia, queixo de tetilla, pulpo, raxo ou zorza.

A visita á Taberna Papuxa é obrigada se vas a Ribadavia.

2 valoracións en Taberna Papuxa

  1. Suso

    Estuve ahí hace unos dos o tres años y puedo asegurar que es de lo más genuino que he visto para tomarte un vino con unas tapitas caseras. Guardo un gran recuerdo de este lugar.

  2. Antón

    O mellor sitio de Galicia. Impensable ir a Ribadavia e non pasarse polo Papuxa.

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *