Taberna Maruca

Por Furancheiro
Comensais Taberna Maruca

A Taberna Maruca está situada na parroquia de Santa María de Adina que pertence ao Concello de Sanxenxo.

Chegar a este sitio é relativamente sinxelo, dende a estrada que une Sanxenxo con Portonovo (non pola costa, senón polo interior), pasando a rotonda en sentido Portonovo e xusto antes de chegar á famosa discoteca Pirámide, collemos o cruce á esquerda en sentido Barrosa. Neste mesmo cruce xa temos a primeira indicación do sitio. Dende o cruce ata a Taberna de Maruca hai aproximadamente uns 550 metros.

Xusto antes da rampa que leva á taberna hai un aparcadoiro grande para moitos coches polo que a tarefa de aparcar non é un problema aqui. Subimos unha pequena costa e xa estamos no noso destino.

Comedor Taberna Maruca

Trátase dunha antiga casa labrega en pedra e con altos teitos de madeira, non moi grande pero tremendamente acolledora. Ten un amplo comedor na estancia superior e outro moito máis pequeno noutra estancia que eles chaman a bodega. Nas paredes colgan todo tipo de obxectos de labranza que lle trasmiten ao lugar a esencia do que foi no pasado.

Non reservan mesa e van enchendo a medida que van chegando os comensais, polo que hai que ir cedo para non ter que esperar. Ide con tempo porque está moi concorrido e podémosvos asegurar que prácticamente non hai sitio ao pouco de abrir.

Teñen unha carta dividida en tapas e carnes á parrilla, ademáis de postres. De tapas serven algo de marisco como berberechos, navallas ou gambas, tamén teñen calamares, polvo, táboas de embutidos, pementos, revoltos, empanadillas ou ensaladas entre outras. A súa especialidade é o Tomate Maruca servido con albahaca, ourego e aceite de oliva.

Compartir:

Comentarios sobre Taberna Maruca
María Sanromán

26/11/2020 - 09:51

El sitio es espectacular y tremendamente acogedor (a lo mejor un pelín de ruido de más), pero merece la pena esperar un poco para conseguir mesa aqui. La carta no es excesivamente amplia pero el producto es de buena calidad y muy bien preparado.


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: