O Lagar en Eiras atópase na parroquia de Eiras que lle da nome, situada en pleno concello de O Rosal.
Chégase pola nacional PO-552 que une as localidades de Goián e A Guarda, en sentido Goián á altura de Tabagón collemos o cruce que indica a dirección ata a Praia de Eiras/Goián. No camiño non te confundas co restaurante Eiras que ten indicacións pola estrada peron non é o noso destino. Tes que ir ata Picóns Darriba, no número 12. Hai que estar atentos porque é doado que poidamos pasarnos o cruce da entrada ó sitio.
Aínda que pareza unha entrada moi estreita non teñas medo de entrar co coche, unha vez que baixas a costa verás que dispón dun amplo aparcadoiro. O Lagar En Eiras leva aberto dende 1988 e trátase dunha antiga casa de labregos do século XIX totalmente reformada, pero que mantén de forma marabillosa toda a esencia do que foi.
Vista dende fora parece máis pequena do que despois é o sitio por dentro. O recibidor ten unha luz moi tenue pero xa deixa entrever o que nos atoparemos dentro. O primeiro comedor está á dereita da entrada. É moi amplo, con moita luz e un gran ventanal. O resto dos comedores xa son no interior, con menos luz, mais acolledores e íntimos. Unha das cousas que lle dan valor a este sitio é a súa gran terraza con mesas debaixo de parras ou nun vello alpendre.
A súa carta non é moi ampla pero teñen productos de tempada con pratos moi ben elaborados e ata algo de cociña ecolóxica na que serven productos da súa propia horta.
Estamos convencidos que non te irás de aqui sen facerte alguna que outra foto do lugar. O Lagar en Eiras parécenos sen dúbida un sitio moi recomendable, deses que levas a uns amigos e quedas realmente ben.
Eloy –
El sitio es súper chulo, nos gustó mucho.
Por ponerle una pega el precio un pelín caro
Rebeca –
Lugar moi acolledor, bo trato e comida caseira exquisita.
Susi –
Un lugar muy bonito y acogedor. Por poner algún pero, los precios podrían estar más ajustados y la carta de vinos un poco más amplia.
Es un sitio al que volveré