Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

O Colmenar da Subiada

Por Furancheiro
(2 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Lugar Feira, s/n
C.P.: 36389
Concello: Gondomar
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.081024, W -8.741770

Horario:

martes a venres: 11:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00
sábado y domingo: 11:00 a 00:00

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este recuncho:

En Couso, moi preto de Gondomar atópase este sitio. Na estrada que vai dende Gondomar ata o Alto de San Antoniño collemos o desvío á esquerda pola estrada de Vincios. Unha vez nesta estrada, a uns 800 metros aproximadamente hai outro cruce á dereita ben sinalizado que nos leva ó noso destino.

Non hai problemas pra aparcar xa que ten dúas zonas de aparcadoiro con sitio dabondo pra moitos coches. Aínda que se trata dun sitio grande con moitas mesas, recomendámosche reservar antes de ir xa que a pesar de estar lonxe é un sitio moi concorrido.

O segredo do éxito de O Colmenar da Subiada é o lugar en sí mesmo. Unha enorme casa en pedra, con moitas estancias independentes que forman os distintos comedores, galerías, zonas exteriores debaixo dunhas parras son as cousas que vos atoparedes se ides por alí.

Ademais do entorno hai que sumarlle unha excelente cociña cunha ampla variedade de carnes á grella, pescados, petiscos e postres. Os prezos son razoables pero tampouco vaias buscando un choio á hora de pagar.

2 valoracións en O Colmenar da Subiada

  1. Eloy

    Un lugar precioso, buen trato, un servicio rapidísimo y unos precios bastante adsequibles.
    El vino blanco de la casa (Condado) riquísimo.
    Muy recomendable

  2. Sito

    Muy cerca de Gondomar, pero tiene una zona de aparcamiento enorme en la que siempre hay sitio. Con el tiempo han ido perdiendo un poco la calidad de antaño pero sigue mereciendo la pena.

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *