Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

O Alternativo

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Estrada Real, 76
C.P.: 36416
Concello: Mos
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.177707, W -8.635489

Horario:

luns a venres: 19:00 a 00:00
sábado e domingo: 12:00 a 00:00

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este recuncho:

O Alternativo está situado en Sanguiñeda no concello de Mos. É relativamente sinxelo chegar se vindes pola nacional N-120 saíndo da autovía A-55 que ven dende Vigo. Colledes o primeiro desvío á dereita ata pasar o Centro Veciñal e a igrexa de Sanguiñeda e xirando novamente á dereita xa atopades a rúa Estrada Real que leva dereitos ó noso destino.
Apárcase na beirarrúa xa que non ten aparcadoiro, pero normalmente hai sitio dabondo pra case unha ducia de coches diante do sitio.

Pódese dicir que os que chaman furancho a este lugar non están desencamiñados de todo, porque non deixa de ser o baixo dunha casa e nótase que foi evolucionando co tempo ata convertirse na tapería que é hoxe en día. Vamos o que lle pasou á maioría…

Hai unhas mesas fora, cubertas por unha malla que protexe do sol pero non da choiva e algunhas mesas mais nunha zona ó carón da porta. Xa no interior atopámonos cun sitio de unhas 15 mesas máis ou menos, coas paredes forradas de madeira e teitos de cañizo cheos de cousas. Bandeiras, bufandas, camisolas, xerras ou botas de viño, carteis de concertos e algún que outro trebello colgado.

O ambiente que se respira é de xente xoven na súa maioría, tanto nos usuarios coma nos que alí traballan. Crean a súa atmosfera con música, que estaba demasiado alta pra comer, pero que non parecía incomodar a ninguén alí. Neste sitio, ademais de comer e beber, tamén podes ir a desfrutar dalgún concerto que organizan.

A súa cociña baséase nunha carta ampla de tapas coma primeiros pratos e despois unha boa variedade de carnes (churrasco, polo, lacón, cordeiro…) coma segundos pratos. Ofrécenche fora da súa carta algunhas recomendacións máis que teñen nese día.

Temos que dicir que nos ofreceron coma recomendación do día o cordeiro estofado que comprobamos que estaba requentado e no moi bo a verdade. As croquetas de cogomelos están boas de sabor, pero se comes máis dunha xa non comes o resto da comida. O que máis nos gustou foi o viño branco, que como furancheiros que somos non está nada mal.

Os que vaiades pola semana, de luns a venres a mediodía, tendes un menú do día que inclúe un primeiro, un segundo, postre ou café, bebida e pan.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O Alternativo”

Your email address will not be published. Required fields are marked *