Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

A Taberna de Antes

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Magarella, 27
C.P.: 36143
Concello: Vilaboa
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.329415, W -8.652668

Horario:

luns a xoves: pechado
venres, sábado e domingo: 12:30 a 15:30 e 20:00 a 23:30

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este recuncho:

A Taberna de Antes está situada en Magarella, no concello de Vilaboa.

Chégase dende Vigo pola saída da Ponte de Rande en sentido Morrazo. Na primeira rotonda collemos a derradeira saída en sentido Cobres/Vilaboa pola estrada N-554. Dende aquí é todo recto ata chegar a Cobres. Alí xiramos polo desvío a altura da igrexa de Santa Cristina de Cobres, cruzamos a autoestrada polo paso elevado e xiramos á esquerda en sentido a Magarella. Dende aquí está moi ben indicado e non ten perda.

Este sitio dispón dun amplo aparcadoiro pra moitos coches. Cando cuzas a porta toca subir unha costa ben pronunciada, xa que a zona de terraza queda na parte alta da finca. Ten unha zona exterior con numerosas mesas de pedra e madeira, ben debaixo de parras ou de árbores. Tamén dispón de mesas nun vello alpendre no que vos podedes resgardar tanto os días de sol coma os de choiva.

Xa no interior, o sitio é sencillamente marabilloso. Paredes de pedra, teitos altos en madeira, trebellos nas paredes, cheminea de leña, … fan deste sitio un lugar realmente vistoso e agradable.

A Taberna de Antes préstase a unha comida caseira, de racións abundantes e prezos razoables, e así é. Ten unha carta con productos da zona onde podes comer tapas, algo de marisco ou peixe e carnes á brasa. Sorprendeunos moi gratamente o viño branco Albariño da casa. Un viño realmente bo que merece a pena que probedes.

Vilaboa é unha zona moi furancheira, pero na tempada na que os furanchos están pechados A Taberna De Antes é unha moi boa opción para comer ben e a bo prezo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A Taberna de Antes”

Your email address will not be published. Required fields are marked *