A Peneira

Por Teresa
A Peneira Tapería Rural

A tapería rural A Peneira está á beira da "Ruta da Pedra e da Auga" na parroquia de Armenteira que pertence ao Concello de Meis. Saíndo da Autovía do Salnés cara ó Mosteiro de Armenteira, a 700 metros dende a saída.

O sitio é acolledor e cun ambiente moi tranquilo. Dende familias, parellas ou amigos, todos atopan aquí un bo lugar para desfrutar da súa excelente cociña.

Teñen unha carta non moi extensa pero con produtos da terra e cociña caseira. Os pratos son xenerosos e cun prezo razoable. O detalle curioso é que che traen a conta nunha típica zoca galega de madeira.

Comedor principal A Peneira Tapería Rural

O local ten aproximadamente unha capacidade para uns 50 comensais, pero co bo tempo dispoñen dunha ampla terraza exterior con numerosas mesas. É recomendable reservar antes. Pódense facer reservas no teléfono 605 953 915 ou na seguinte ligazón.

Se andas pola zona é unha boa opción para comer abundante, rico e a bo prezo.

Compartir:

Comentarios sobre A Peneira
Mary Carmen Pérez Alba

01/04/2019 - 22:41

Excelente ambiente, comida exquisita y postres inigualables, los sabores no dejan indiferente a nadie, y la atención insuperable. Un lugar para repetir ??????


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: