Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

A Cova da Santa

Por Furancheiro
(5 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Herville, 30
C.P.: 36419
Concello: Mos
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.148695, W -8.673043

Horario:

luns a xoves: 13:00 a 16:00
venres, sábado e domingo: 13:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este recuncho:

En Herville, pertencente ó concello de Mos atópase este sitio. Se ves dende Zamáns, chegando ó alto de San Cosme cóllese a estrada á dereita. Una vez alí, os cruces están ben indicados pra non ter dificultade en chegar ata o lugar.

Non ten problemas de aparcamento xa que hai bastantes sitios para deixalo coche. A Cova da Santa é un deses sitios que namoran a primeira vista, xa que se trata dunha antiga casa reformada na que mantiveron a esencia do rural respectando a pedra e a madeira orixinais. Tamén ten un xardín exterior cun hórreo onde se pode comer na época estival.

Xa dentro, atopamos un lugar dunha soa estancia cunha ducia de mesas e unha pequena barra para os que queiran ir soamentes a tomar un viño. Trátase dun sitio acolledor e realmente bonito. Paredes orixinais de pedra, teito alto coas antigas vigas de madeira á vista, contras nas fiestras e apeiros de labranza recordando a orixe do lugar.

Se chegas a primeira hora é un sitio tremendamente agradable e tranquilo. Pero esa tranquilidade, como na maioría dos sitios, convértese en algarada a medida que van chegando os comensais e vanse enchendo as mesas.

Temos que dicir que aquí comemos probablemente un dos millores churrascos de tódolos sitios nos que estivemos. Pedímolo mixto, con porco e tenreira, e ambos estaban de sobresaínte. Póñencho sobre unha fonte de barro nun braseiro para que se manteña quente e poidas darlle o punto que máis che guste á carne. Se teñen sempre este nivel de carnes xa hai un bo motivo para achegarse a este lugar.

Quizais, como bos furancheiros que somos, faltounos un viño da casa. A súa carta de viños creemos que é mellorable. Como contrapartida, se pides un chupito póñenche unha botelliña pra que sirvas o que che pete. Xa nos coñecemos e sabemos que cos chupitos sempre acabamos repetindo.

Pra nós A Cova da Santa é un sitio pra recomendar.

5 valoracións en A Cova da Santa

  1. Vanesa

    No es un furancho . es un restaurante rural.
    Los precios cambiaron y subieron muchisimo mas de lo que aqui informan. Deberian actualizar los comentarios y fotos en la web. Igual de precios que otro restaurante . parrillada cerdo y ternera 25 euros, calamares 12, pan 1’85, refrescos 2,20€ , postres a 4,5€….

    • Furancheiro

      Gracias por tu comentario Vanesa. En ningún momento decimos que es un furancho, los conocemos bien y este lugar lo encontraste en la parte de “Recunchos”. En nuestra web explicamos qué son para nosotros este tipo de sitios. Tampoco hablamos de los precios de este lugar, en la carta del lugar estarán actualizados antes de pedir las consumiciones. Creemos importante resaltar que los comentarios de la gente no los “actualizamos” como nos solicitas ya que cada uno es libre de expresar lo que considere, siempre que no se falte al respeto y no vamos a editarlos, como tampoco editaremos el tuyo. Un cordial saludo!

  2. Beny

    El sitio està muy bien rodeado naturaleza, la comida està muy buena. Un lugar bastante tranquilo y barato, lo recomiendo , repetiré seguro.

  3. Eloy

    Teñen moi bo precio e o churrasco está rico. O mellor é cando fai bo tempo para comer fora.

  4. Sito

    A primeira vez que me levaron a este sitio quedei encantado con todo. Repetín algunha vez máis. Moi recomendable.

  5. Antonio

    Sin lugar a dudas es un sitio donde se come bien y por un buen precio. Por poner un pero, diría que cuando el sitio está lleno hay demasiado ruido y hay que levantar un poco la voz. El servicio en esos momentos se frena un poco. Pero el churrasco está muy bueno.

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *