Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

A Calustra

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Bouzavedra, 23
C.P.: 36470
Concello: Salceda de Caselas
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.112621, W -8.575239

Horario:

luns a mércores: 18:00 a 00:00 (luns e martes pechados en inverno)
xoves a domingo: 12:00 a 16:00 e 18:00 a 00:00

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este recuncho:

A Calustra atópase na parroquia de San Xurxo, no concello de Salceda de Caselas. Case chegando a Salceda dende As Gándaras pola estrada PO-510 temos que saír polo desvío a Parderrubias/San Xurxo/Picoña. Pouco máis adiante xa collemos dirección a San Xurxo que nos levará directos á Calustra. Aínda que queda un pouco apartado merece a pena acercarse a este sitio.

É moi doado aparcar, xa que dispón dun amplo aparcadoiro e tamén hai sitio no propio camiño onde se pode deixar o coche.

De primeira vista atopámonos cunha gran casa de pedra moi coidada, rodeada por unha zona axardinada con un ceador na parte posterior, unha terraza cuberta nun dos laterais, e un patio interior con mesas na entrada principal.

No interior atopámonos cun fermoso e acolledor lugar. Con moitas estancias que conforman os numerosos comedores dos que dispón. Para unha mesa, para varias, nun alto ó carón dunha balconada, no baixo ó carón dunha cheminea, con un gran ventanal, … Este sitio dispón de moitos lugares para que a túa estancia sexa do máis agradable.

A carta está composta básicamente por tapas e teñen unha ampla variedade delas. De embutidos, queixos, revoltos, tortillas ou incluso carnes e peixes. Tamén nos viños teñen moito onde escoller. O servizo é rápido e atento. E os prezos son máis que razoables.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A Calustra”

Your email address will not be published. Required fields are marked *