Baxiña

Por Furancheiro
Entrada Comedor Baxiña

Situado na localidade da Baxiña que lle da nome. Pra chegar temos que pasala rotonda do alto de Puxeiros en sentido a Porriño. A uns 200 metros aproximadamente atopámonos con outra rotonda, e collemos a primeira saída á dereita. Continuamos por esta estrada uns 2 quilómetros máis ou menos.

Como xa eles indican na entrada é unha tapería, taberna, tasca e cantina. Trátase dun sitio peculiar cheo de cachibaches por todos lados e que ten comedores distribuídos polas distintas estancias da casa. Cada estancia converteuse nun comedor e hainos de unha soa mesa e outros compartidos con varias mesas.

Comedor madera Baxiña

A comida é a base de tapas variadas. Na carta debe haber máis dunha ducia delas a escoller. En inverno pódese comer cocido e en verán churrasco pero sempre por encargo, xa que como din eles "o porco escapa".

Os postres son unha das sensacións do sitio á hora de xantar xa que por 3 euros por persoa póñenche un variado de tartas caseiras e outro variado de licores caseiros tamén. O café vai incluído co postre. É un café de pota como o que facía a miña avoa.

Deste sitio non marchas con fame e o millor de todo é o prezo. Probablemente o sitio máis barato que atoparás por ahí pra comer. É verdade que ás veces o servizo é un pouco lento nas horas de máis xente, pero vale a pena. Recomendámosche que reserves antes non vaia ser que pases un bo rato esperando por unha mesa.

Compartir:

Comentarios sobre Baxiña
ELOY

15/01/2019 - 09:43

O cocido espectacular e a bó precio.
Aconsellaría reservar con tempo, sempre está ateigado de xente


Xeve

18/07/2018 - 09:21

Este é un deses sitios nos que comes a fartar e sóbranche 15 euros por persona. Prezos de risa!!.
Ademáis é un lugar pintoresco cheo de reservados. Eso sí, o servizo é de batalla.


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: