Furancho Rinxela

Por Furancheiro
Furancho Rinxela

Un día puxémonos a buscar furanchos en Pontevedra e Vigo e atopamos co furancho Rinxela que foi unha grata sorpresa. Está situado na rúa que lle da nome. Chégase pola avenida do aeroporto dende Vigo, xusto despois de pasalo vial da autopista AP9, collemos un cruce á esquerda que leva ó colexio público de Carballal-Cabral. Despois do xiro temos o furancho Rinxela a uns 20 metros á esquerda.

Non é moi habitual atopar un furancho en Vigo. Este furancho abriu por primeira vez no mes de marzo deste ano 2018 e pecha as súas portas a primeiros do mes de xuño.

Trátase do baixo dunha gran casa de pedra que está a medio facer. O sitio ten unha pequena barra cuns taburetes e bastantes mesas repartidas en varias estancias do baixo. Ten tamén algunhas mesas nun xardín situado diante do furancho.

Viños Furancho Rinxela

Teñen bos viños, tanto branco coma tinto, e póñenche unha tapa con cada consumición. A nós puxéronos unha cazoliña dunha riquísima fabada

Dous viños, un branco e un tinto, con dúas tapiñas de fabada 2 euros.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho Rinxela
Josele

01/03/2019 - 11:52

Muy amplio y agradable, con mesas grandes y espaciosas. Te acompañan el vino con alguna tapita de escándalo.


Javier Prado

23/07/2018 - 14:49

Atención amistosa del propietario y del "barman", buen ambiente con gente del lugar muy amable, buen vino y tapas ricas y abundantes.
Si quieres pasar un rato agradable, se merece ir.


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: