Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Piedras

Por Furancheiro
(1 valoración do usuario)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Estrada do Aveal, 43
C.P.: 36818
Concello: Redondela
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.285365, W -8.587442

Horario:

Dende febreiro a maio
venres, sábado e domingo: 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

Furancho Piedras atópase en Redondela, na parroquia de Reboreda. Se eres un afeccionado aos furanchos non podes deixar de visitar esta parroquia redondelana, porque aquí atoparás un gran número de furanchos. Moitos deles xa están na nosa web como son o furancho A GarondaTarrastalOlimpioO Canastro ou Casanova.

Ao furancho Piedras chégase collendo como referencia a igrexa de Santa María de Reboreda, pasando o Furancho Reboraina e collendo á esquerda polo Camiño do Barreiro ata a Encrucillada no Barrio da Quintana. Alí collemos á dereita pola Estrada do Aveal e a uns 200 metros está o furancho.

Ten parking dentro da finca para deixalo coche, pero o acceso é bastante complexo xa que se estreita considerablemente é non é moi sinxela a manobra. Máis de un prefire deixalo coche fóra e non tentala sorte.

Trátase dun furancho pequeno pero acolledor, con unha cheminea no comedor para caldear os días de friaxe. Serven empanadas de pan de millo e de pan de trigo, orella ou morro, tortilla de pataca, chourizo, embutidos, tetilla con marmelo, e algunha cousiña máis soe haber. Viños branco ou tinto, por taza ou xarra. Como todos os viños desta zona son afroitados e agradables. Ben de prezos.

1 valoración en Furancho Piedras

  1. Laura

    Ten dentro unha lareira preciosa de moitos anos de antigüedade.

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *