Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Os Cabalos

Por Furancheiro
(3 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Camìño do Quintal, 6
C.P.: 36415
Concello: Mos
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.224457, W -8.599025

Horario:

Dende xaneiro a abril
xoves a sábado: 19:00 a 00:00
domingo: 12:00 a 16:00 e 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

furancho Os Cabalos está situado no camiño do Quintal. Chégase dende a nacional N-550 que une Redondela con Porriño, a medio camiño entre ambas á altura de O Enxertado. Unha vez que deixamos a estrada e collemos o camiño cara Quintal, pasamos unha ponte por debaixo das vías do tren e a uns 100 metros á dereita está o furancho. Pódese aparcar no camiño porque na finca non ten espazo dabondo pra moitos coches.

Dende fora non se aprecia o grande que é, pero en canto entras daste conta de que o furancho ocupa toda a planta baixa da casa. Debe ter ó redor dunha ducia de mesas amplas con moito espazo pra comer. Pódese reservar mesa se chamas antes con antelación.

Recomendamos ir cedo porque nas horas punta está bastante cheo e non é doado atopar sitio.

Tanto o branco coma o tinto son de boa calidade e cun prezo de 1 euro a taza. Pra comer serven empanadillas de bacallao, carne ou calamares na súa tinta, tortilla, raxo con patacas e pementos, calamares, empanada… As racións son moi xenerosas e caseiras. Con unha ración e dous viños comen dúas persoas.

Dous viños, unha empanadilla de calamares na súa tinta e unha ración de raxo 11,50 euros. Cóbranche o pan a 1 euro.

3 valoracións en Furancho Os Cabalos

  1. Camos

    Las empanadillas impresionantes, el vino tinto se deja beber, servicio atento y amable.

  2. Fonso

    As empanadillas son o millor deste sitio. Bo viño pra acompañalas.

  3. Conchitina

    un sitio de repetir. El vino muy bueno y las tapas mejor

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *