Furancho O Canastro

Por Furancheiro
Terraza Furancho O Canastro

O Furancho O Canastro está en Redondela, na parroquia de Reboreda.

É un magnífico furancho pra ir en familia ou cos amigos, xa que é moi amplo e ten numerosas mesas, tanto no exterior coma no interior do sitio. Probablemente é un dos furanchos de Redondela con mellores vistas. Dende él pódese mirar toda a ensenada de San Simón e a Ponte de Rande.

Hai que ir en coche, pero non hai problema para aparcalo porque dispón de dous aparcadoiros distintos con suficiente espazo para bastantes coches.

Aparcadoiro Furancho O Canastro

Chégase dende a estrada que leva de Redondela a Cesantes, collendo o Camiño da Ganga. Nese mesmo cruce xa se teñen unha póla de loureiro e un letreiro, e de alí ata o furancho está moi ben indicado en tódolos cruces. Non ten perda.

Serven tapas de raxo, costelas adobadas, empanada de pan de millo e trigo de zamburiñas ou chocos, tortilla, pementos, tetilla con membrillo, ... Os viños, tanto o branco coma o tinto son millorables, pero en xeral a comida está boa e os prezos son razoables.

Este furancho pecha as súas portas a finais do mes de Xullo xa que ten moitas mesas exteriores e teñen que aproveitar o bo tempo dese mes. Se chove tamén abren, xa que hai sitio dentro e tamén teñen mesas cubertas no xardín.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho O Canastro
Carlos

28/06/2019 - 16:30

Nosotros fuimos dos, tomamos una de costillas, pimientos de Padrón, media tortilla y dos vinos y nos cobraron 21 euros. Todo abundante. Nos pareció asequible de precio.


Monica

28/06/2019 - 16:15

Y de precios,como anda?


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: