Furancho O Aserradero

Por Furancheiro
Raxo Furancho OAserradero

O furancho O Aserradero atópase en pleno corazón da comarca do Salnés, no Concello de Ribadumia. Este concello, entre outras cousas, é coñecido por ter unha alta producción dunha variedade de uva chamada Barrantes, coa que se fai o viño tinto que leva o seu nome. Non hai furancho da zona que non sirva esta variedade de viño tan recoñecible.

Para chegar ó furancho O Aserradero temos que ir ata Cruceiro Vello e coller, dende a estrada principal, o cruce que leva ata a Bodega Bouza do Rei. Está moi ben indicado e non ten perda. Xusto no desvío está o furancho. A entrada está ó carón dun cruceiro. Non hai problema pra deixalo coche na estrada, hai sitio dabondo.

A súa especialidade son o raxo, a zorza e as tortillas de pataca. As ración son moi abundantes así que hai que ir con fame. Viño tinto Barrantes, como non podía ser doutro xeito, e branco Albariño tamén da zona do Salnés. Co viño poñen sempre unha tapa. A nós puxéronos ovos cocidos con pementón e un pouco de xamón con queixo. Pra que vos fagades unha idea, unha xarra de viño branco e unha ración de raxo con patacas (pra dúas persoas) saliu en 13 euros.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho O Aserradero
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: