Furancho do M. Judas

Por Furancheiro
Entrada Furancho M Judas

O furancho do M. Judas está situado en Torroso no concello de Mos. O teñen moi ben indicado xa dende a rotonda de Peinador en non é difícil chegar se segues as súas sinais.

Dende esa rotonda e baixando pola estrada de Peinador-Os Valos hai que collela estrada sentido Sobráns Lourido. Atravesade a estrada de Puxeiros-Mos e ó pasala igrexa de San Mamede de Torroso temos un xiro á dereita a uns 700 metros no que xa chegamos ó furancho.

Este furancho ten un aparcadoiro propio para uns dez coches máis ou menos. Non soe haber problemas de aparcamento polo afastado do sitio e porque non é un furancho pra moita multitude.

Comedor Furancho M Judas

Xa no interior atopámonos cun sitio un pouco escuro pero acolledor, cunha curiosa forma de separalas estancias con moquetas de chan postas a xeito de paredes. Esa mesma moqueta serve pra forralos bancos de madeira.

O sitio non é moi amplo pero está moi ben aproveitado. Ten unha ducia de mesas, unhas pra catro ou cinco persoas, outra grande para dez persoas máis ou menos e despois uns barrís para catro como moito. Teñen unha cheminea de leña no medio da estancia e outra máis pequena ó fondo do comedor. O teito está repleto de mazarocas de millo.

Licor café Furancho M Judas

Para acompañalo viño teñen racións de tortilla, raxo, zorza, chourizos, embutidos, croquetas ou pementos de Padrón. As ración son abundantes e a comida está boa. Os viños, como non pode ser doutro xeito, son brancos ou tintos da zona que se deixan beber.

Unha das curiosidades chegou despois dos postres e dos cafés, cando nos puxeron varias botellas con licores caseiros. Un deles era un licor café transparente (o que se poder ver na imaxe). Quedamos abraiados e xa nos explicaron que pra facelo necesítase moito máis café que cando se fai polo método tradicional da maceración. O millor de todo é que estaba ben rico, pero facíase raro beber aquilo que parecía augardente branca con sabor a licor café.

Compartir:

Comentarios sobre o Furancho do M. Judas
Fonso

27/12/2018 - 11:49

Lo del licor café sin color yo tampoco lo había visto antes. De todas formas me quedo con el de toda la vida, jeje


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: