Furancho Finca Filgueira

Por José Manuel Paz
Furancho Finca Filgueira

O furancho Finca Filgueira atópase na parroquia do Lérez no concello de Pontevedra.

Chégase pola Avenida de Compostela que pasa a carón da Cidade Universitaria de Pontevedra en sentido Santiago/Calda de Reis. Chegando á rotonda da estrada N-550 collemos a primeira saída á dereita que vai para o Hospital Montecelo e a uns 250 metros aproximadamente atópase o furancho.

Este furancho abriu as súas portas por primeira vez o venres 5 de Abril de 2019.

Teñen unha boa variedade de tapas e un viño, tanto branco coma tinto, moi recomendable. Trátase da bodega dunha vella casa restaurada e faise un sitio agradable pra tomar un viño e unhas tapas.

A comida é boa, os prezos tamén e teñen uns licores caseiros que non podedes deixar de probar.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho Finca Filgueira
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: