Furancho do Santi

Por Marcos Rodriguez
Raxo Furancho do Santi

O furancho do Santi está en Redondela, na parroquia de Saxamonde. Chégase dende Redondela pola estrada N-550 que vai hacia Porriño. Antes de chegar á igrexa de Saxamonde hai un cambio de sentido no que xiramos e collemos o Camiño de Albarroz. A pouco máis de 500 metros por este camiño atópase o Furancho do Santi.

É un lugar pintoresco cunhas bonitas vistas do val de Saxamonde e de Redondela. Este furancho conta cunha ampla terraza onde poder gozar das vistas e tamén dispón dun comedor pechado.

Exquisitos viños brancos e tintos do país. O prato estrela é o peixe, tanto o xurelo como a sardiña. Outros pratos que adoitan gustar aos clientes son a tortilla, a orella afumada, os chourizos caseiros de elaboración propia e o lacón.

Moitas veces todo isto está acompañado con música tradicional. Recomendable visita.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho do Santi
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario