Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho do Maño

Por Moisés López

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Brea, 4
C.P.: 36913
Concello: Marín
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.371080, W -8.726915

Horario:

Dende febreiro a maio
luns a domingo: 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Non dispoñible

Redes Sociais:

Non dispoñibles

Comparte este furancho:

furancho do Maño atópase na parroquia de Seixo no Concello de Marín. Este furancho comenza a tempada por San Brias e abre tódolos días da semana a partires das sete da tarde.

Para chegar desde Marín, na rotonda da Escola Naval collemos a rúa Jaime Janer. Máis adiante viramos pola rúa Francisco Landin, pasamos o Centro de Saúde e subimos por Busto de Arriba ata a Avenida Alcalde José do Río. Viramos á esquerda e continuando por esta estrada a pouco máis de dous quilómetros e medio pasamos o furancho Castro que deixamos á nosa dereita e a uns 300 metros chegamos ao furancho do Maño.

Non dispón de aparcadoiro pero na propia rúa hai sitio dabondo para deixar o coche sen que obstaculice o tráfico da zona.

Para comer póñenche tapas de peixiños fritidos, zorza, raxo, calamares e tortilla. Viño branco e tinto de calidade. Co viño póñenche un pincho, que varía dependendo do día. A nós puxéronnos un ovo frito cun chourizo pequeniño e unhas patacas.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho do Maño”

Your email address will not be published. Required fields are marked *