Furancho do Jota

Por Moisés López
Raxo Furancho do Jota

O furancho do Jota está en Poio e é moi sinxelo de atopar porque atópase na propia estrada. Comida moi rica e a bo prezo.

Para chegar dende a cidade de Pontevedra débese coller a estrada PO-308 que vai dirección Poio / Sanxenxo (pola costa). Uns douscentos metros despois do restaurante de Casa Solla, á dereita, está o furancho. Ten un parking xusto en fronte para unha ducia de coches pero non é complicado aparcar un pouco antes na propia estrada.

É un furancho amplo con numerosas mesas. A maior parte delas atópanse nunha zona cuberta pero tamén ten algunhas máis nun patio interior ao aire libre.

Teñen un bo viño tinto e país, e un albariño que está moi bo. Para comer poñen raxo, que neste sitio está moi ben preparado e merece a pena probalo, zorza, chourizo caseiro con patacas fritas, tortilla, pementos de Padrón. As racións son abundantes e o prezo correcto.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho do Jota
Vera

31/07/2020 - 20:31

Uno de los mejoressss,


Enviar un comentario