Furancho Do Fermín

Por Furancheiro
Furancho Do Fermín

O furancho Do Fermín está na parroquia de Quintela no concello de Redondela.

Se chegas a Redondela dende Porriño pola nacional N-550, debes coller o desvío á dereita pola estrada PO-2907 que sube ata a Igrexa de Quintela. Deixa a igrexa á dereita e na rotonda colle a primeira saída. Segues pola estrada durante uns 800 metros e atoparás o furancho do Fermín.

É un sitio moi amplo con numerosas mesas no exterior debaixo dunhas parras. Se ides en grupo dispoñen de mesas largas para un bo número de comensais. O ambiente é moi familiar e soe estar bastante cheo nas horas punta. É recomendable ir cedo.

Os viños, tanto branco coma tinto, son extraordinarios. Ricas tapas de tortilla, ourella, pementos,…

Os prezos están axustados, pero xa foron máis baratos noutros tempos. Aínda así merece a pena pasarse por este furancho.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho Do Fermín
Carlos de la Higuera

15/06/2019 - 12:52

Unha magnífica opción para ocupar unha tardiña tomando uns viños nun entorno acolledor e baixo dunha frondosa viña. Bos viños, millor o branco, e unhas tapas ben preparadas e abundantes: chourizo, tortilla, zorza, empanadillas ... rematado como sempre pola tetilla con membrillo. Os prezos poderían ser un pouco máis axustados. Recomendable unha visita.


Tito

06/05/2019 - 16:43

O millor furancho de Redondela sen dúbidas. Abre pouco tempo hacia finais de Maio ou principios de Xuño. Imprescindible visitar.


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: