Furancho de Ximeu

Por Furancheiro
Furancho de Ximeu

O furancho de Ximeu atópase en Cangas do Morrazo.

Chégase dende a Rotonda da Pedra Alta de Cangas onde está o Monumento ós Mexilóns de Manuel Coia. Dende esta rotonda collemos a Avenida de Vigo en dirección Bueu. Pasámolo semáforo do Galas e a uns 200 metros collemos á dereita pola rúa Alcalde Agustín Echeverri. O final desta rúa sen saída atópase o furancho de Ximeu.

Serven tapas de raxo-zorza, callos-fabada, ourella, chourizo, empanada ou tortilla de pataca para acompañar un bo viño. As tortillas son pequenas pero están boas e o raxo un chisco soso.

O viño podes pedilo por xarra a 6 euros ou media xarra a 3 euros. Unha xarra dache para uns catro vasos máis ou menos.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho de Ximeu
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: