Furancho de Sara

Por Moisés López
Furancho de Sara

O furancho de Sara atópase en A Ermida, na parroquia de Marcón, pertencente ó Concello de Pontevedra. Furancho amplo, con gran variedade de viño e de tapas.

Pra chegar ó Furancho de Sara dende o centro da cidade de Pontevedra hai que coller a rúa San Mauro e continuar pola estrada PO-532 ata A Ermida. O cruce ata o furancho é á dereita e está ben sinalado co letreiro e o loureiro. Pódese chegar tamén dende o sur da cidade de Pontevedra pola estrada PO-542 que nos leva directamente ata A Ermida.

O viño que serven neste furancho é de varios tipos. Teñen branco mezcla de catalán roxo e albariño e outro branco soamente de uva albariño. O tinto é de tinta femia . O viño sérvencho en cunca ou en xerra de litro dependendo de cántos vaiades e de cómo o preferides.

Para acompañalo viño teñen unha ampla variedade de tapas; embutido, orella, chourizo, zorza, pementos, tortilla; e doce serven queixo con membrillo.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho de Sara
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario