Furancho De Fina

Por Antón Conde
Furancho De Fina

O furancho De Fina está en A Valadiña na parroquia de Tomeza pertencente ó concello de Pontevedra.

Chégase pola nacional N-550 que une Redondela con Pontevedra. Á altura de Borrateiros collémolo desvío á dereita sentido Tomeza/Bertola, pasando por debaixo da ponte que nos leva á autopista AP-9. Seguimos pola estrada ata pasala igrexa de San Pedro de Tomeza e chegaremos ó noso destino.

Este furancho abre tódolos anos no mes de Xaneiro e pecha as súas portas (se o viño non remata antes) no mes de Marzo.

Se ides en coche non tedes problema para aparcar moi preto do furancho.

Ten unha capacidade para case 50 persoas distribuidas en varias mesas amplas. Entre as súas tapas poderes comer embutidos, tortilla, pementos de Padrón, ourella, chourizos ou mesmo un queixo de tetilla con membrillo para endulzala boca.

Bos viños brancos e tintos que podes pedir por taza a 1,5 euros ou media taza a 1 euro.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho de Fina
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: