Furancho da Formiga

Por Furancheiro
Furancho da Formiga

O furancho da Formiga é un deses lugares míticos de Redondela, que leva media vida servindo viño e racións de comida nun lugar incrible.

Chegar é moi doado xa que se atopa na estrada que une Redondela con Rande. Á metade de camiño, máis ou menos, á altura do número 55 atópase o furancho. Se ves dende Redondela está pasando o furancho A Cunca do Viño ao final da longa recta que hai na estrada N-552. Está nunha curva con moi boa visibilidade e é moi sinxelo atopalo. Non dispón de aparcadoiro propio pero sí ten bastante sitio fora para poder deixalo coche.

Trátase dun furancho con unha parte cuberta nunha bodega interior e o resto con mesas de pedra no exterior. Na bodega hai mesas amplas e o ambiente, rodeado de alambiques, cubas e barrís de viño, é moi furancheiro. A parte exterior ten numerosas mesas, todas de pedra, con bancos feitos de troncos. Trátase dun sitio moi agradable, que aínda estando preto da estrada, ofrece un remanso de paz para desfrutar dunha boa mesa.

Teñen branco do país e albariño que están bos e de comida serven raxo, zorza, pementos, táboa de embutidos, orella, chourizo e unha especial mención á súa tortilla de patacas, está boísima. Tamén poñen algo de queixo de tetilla con marmelo.

Este furancho é unha moi boa opción se queres comer ao aire libre, nun sitio doado de atopar e cómodo de chegar.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho da Formiga
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario