Furancho da Carteira

Por Moisés López
Raxo Furancho da Carteira

O furancho da Carteira está en Marín na parroquia de O Campo. Chegar dende Marín é sinxelo se collemos a rotonda da VG-4.4 en sentido Bueu/Seixo e continuamos por esta estrada ata a saída 10 Seixo/Aguete/Loira. No primeiro cruce xiramos á dereita ata outra rotonda na que collemos a terceira saída en dirección O Campo. Xa entramos en Ameal pola estrada EP-1202. Pasamos a igrexa de Santa María do Campo e a uns 800 metros temos o furancho á esquerda.

Non dispón de aparcadoiro propio. Trátase dun furancho pequeno pero con mesas amplas. Aceptan reservas nos teléfonos 635 252 939 (Carmen) e 633 111 310 (Merchi).

Teñen unha gran variedade de viños con dous tipos de tintos, un de Folla Redonda e outro de Mencía con Cachorro e un tipo de branco feito de Treixadura con Albariño. Calquera destes viños pódense tomar por taza ou ben por xerra.

De tapas serven raxo, zorza, tortilla que pode ser grande para unhas catro persoas ou pequena para dúas, chourizo ao viño, pementos de Padrón e empanadas. Empanadas teñen de atún e outra que nos chamou a atención xa que era de tortilla de pataca. Sempre poñen un pincho con cada viño e os sábados serven un "prato especial" fora da carta que van variando cada semana.

Serven postres caseiros e tamén teñen cafés e licores da casa.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho da Carteira
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario