Furancho Castro

Por Moisés López
Raxo Furancho Castro

O furancho Castro atópase na parroquia de Seixo no Concello de Marín. Este furancho abre a tempada polo San Brais e pecha ós tres meses, ou antes se rematan o viño da colleita.

Para chegar dende Marín, na rotonda da Escola Naval collemos a rúa Jaime Janer. Máis adiante xiramos pola rúa Francisco Landin, pasamos o Centro de Saúde e subimos por Busto de Arriba ata a Avenida Alcalde José del Río. Xiramos á esquerda e continuando por esta estrada a pouco máis de dous quilómetros e medio está o furancho Castro.

Soe ter viños branco e tinto do país bastante bos. Pra comer póñenche unha fritada variada de peixes que leva acedía, rapante e calamar. Tamén teñen chourizo caseiro, croca, raxo, zorza, tortilla de pataca e ás veces serven algo de empanada. Coma postre non pode faltar o famoso queixo de tetilla con membrillo. Neste furancho teñen tamén café de pota e chupitos se queres rematar a faena.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho Castro
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario