Furancho Casanova

Por Furancheiro
Terraza Furancho Casanova

O furancho Casanova atópase en Redondela, na parroquia de Reboreda.

Trátase dun furancho moi amplo con varias estancias cubertas, unha mesa de pedra nun ceador na parte alta da casa e unha zona exterior con numerosas mesas con capacidade para moita xente. É probablemente un dos furanchos máis grandes da zona.

Non hai problema en ir en coche xa que dispón de ata tres aparcadoiros en varias fincas próximas ó furancho, con indicacións de cada un pra chegar sen complicacións.

Aparcadoiro Furancho Casanova

O trato neste sitio é excelente. A pesares de estar sempre ateigado de xente o servizo é bastante rápido. Están moi atentos e non falta de nada.

Tapas de empanadas de pan de millo ou trigo, táboas de embutidos, raxo, zorza, pementos de Padrón, tortillas… todo está moi rico. Teñen variedade no viño, xa que contan con varios tipos de branco ademáis dun tinto.

Pecha as súas portas a finais do mes de Xuño polo que aproveitade para ir a este furancho e non o deixedes pasar.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho Casanova
Neni

16/06/2019 - 08:35

Gústanos moito este furancho. Repetimos cada vez que podemos.


Eloy López

07/06/2019 - 10:20

Moi bó este furancho. Amplio, con mesas dentro e fora.
Aconsello aparcar no primeiro aparcadoiro que nos de abaixo o camiño é estreito e ás veces atópaste con coches de frente e xa hai lío ;-D


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: