Furancho Carmucha

Por Furancheiro
Furancho Carmucha

O furancho Carmucha está en Gondomar, moi preto do centro do pobo. Chégase directo pola rúa da panadería Cristaleiro en sentido a Couso, cando chegamos á rotonda collemos a saída en dirección Couso/Peitierios. A uns 100 metros da rotonda xa temos o furancho.

Dispón dun enorme aparcadoiro nunha finca situada uns metros, con capacidade para bastantes coches.

Trátase dun furancho pequeno, que nas horas punta está ateigado e é algo máis complicado conseguir unha mesa libre. O trato é marabilloso, pero o servicio vólvese un pouco lento neses intres de moito traballo.

Os viños, tanto o branco coma o tinto de moi boa calidade. De tapas teñen tortilla, táboas de embutidos, croquetas, zorza, chourizos ó inferno, empanada, pementos de Padrón, raxo e algunha cousiña máis soen servir. Todo isto a un bo prezo.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho Carmucha
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario