Furancho Barrio das Flores

Por Jesús Caballero
Furancho Barrio das Flores

O furancho Barrio das Flores está situado no concello de Salceda de Caselas, na parroquia de Santa María de Salceda.

Para chegar dende Salceda, partindo fronte ó auditorio da vila, hai que subir pola rúa Doutor Zunzunegui ata entrar na Parroquia de Santa María de Salceda. Seguindo por esta estrada, a uns 150 metros antes de chegar á igrexa, collemos o desvío á esquerda que nos levará ao furancho.

Servizo e atención cercana, con comida e viño coma se fora na túa propia casa. O furancho está atendido por Alejandro e Marina que son uns excelentes anfitrións, sempre pendentes de que estés a gusto.

Viño branco e tinto espectaculares e tapas de tortilla, raxo, costela, croquetas con e sen gluten. A súa especialidade son as empanadas de estrugas.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho Barrio das Flores
Daniel

28/02/2020 - 20:40

La empanda de ortigas es una auténtica pasada. El vino es de los mejores que he probado en los furanchos a los que fuí. Buen sitio.


Enviar un comentario