Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho Barrio

Por Furancheiro
(2 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Tomonde, 12
C.P.: 15880
Concello: Santa Cruz de Ribadulla – Vedra
Provincia: A Coruña

GPS:

Coordenadas: N 42.765422, W -8.424688

Horario:

Dende decembro
martes a venres: 19:00 a 00:00
sábado e domingo: 12:00 a 15:00 e 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

furancho Barrio está situado en Tomonde na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla que pertence ó concello de Vedra. É un deses furanchos ós que non é especialmente difícil chegar. Iso si, hai que estar un pouco atentos, xa que a súa ubicación delátaa unha pota colgada no alto do muro da casa. Nese mesmo muro hai unha placa feita en pedra onde se pode ver ademais do nome do furancho, a data da súa apertura: 20 de febreiro de 2014.

Un gran portalón situado ó final dunha pequena costa indícanos que chegamos. Ó entrar atopámonos cun patio interior ó aire libre onde hai algunhas mesas e barrís para tomar as nosas consumicións fora cando o tempo acompañe. Tamén hai unha churrrasqueira nunha esquina que delata que algunha que outra vez fíxose algo sobre as súas brasas para deleite dos comensais.

Antes de entrar na sala principal deixamos á nosa dereita un comedor que, segundo comentounos o dono, con reserva pódese encargar unha comida de ata 25 persoas. Está apartado do resto do sitio e é ideal para que esas sobremesas con licor café, augardente de herbas ou branca fagan o seu efecto e saquen os nosos instintos furancheiros do chascarraschás e o cancioneiro popular.

A estancia principal non é moi grande, pero si acolledora. Ten varias mesas, un par de barrís con taburetes e unha pequena barra onde poder sentarse. No medio de estancia ten unha pequena cheminea de leña, que nos días de frío crea ese ambiente tan agradable con ese característico cheiro a madeira queimada.

Alí recibiravos Xosé María Barrio, que é unha persoa moi acolledora e cun gran sentido do humor. Os días nos que o furancho está pechado, se te achegas por alí probablemente teñas a sorte de que Barrio che abra as portas e invíteche a pasar. (Isto é un segredo que non debedes contar a ninguén).

Os viños que serven son bastante bos e teñen brancos ou tintos da zona, como non podía ser doutro xeito, que vale a pena probar. Acompáñancho cunhas tapas de embutidos e queixos tamén da casa e algunhas conservas con algo de pan. Se podedes pedirlle un pouco de chourizo non vos arrepentiredes. ¡Está boísimo!

Unha gran persoa Xose María e un sitio interesante o furancho Barrio.

2 valoracións en Furancho Barrio

  1. Dani

    Acolledor e bo viño

  2. Fina

    Como na casa. Ambiente moi familiar e bo viño

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *