Furancho A Palmeira

Por Furancheiro
Furancho A Palmeira

O furancho A Palmeira está situado no camiño da Resteva. Pra chegar so tes que coller a estrada de Peinador - Os Valos e a un kilómetro aproximadamente dende a rotonda tes un xiro á dereita que se incorpora a este camiño. O furancho está a uns 400 metros dende o cruce. Non é moi doado aparcar xa que a estrada é de dobre sentido é non deixa moito espazo pra deixalo coche pegado contra o muro da casa.

É un furancho cun patio exterior moi amplo, con varias zonas de mesas. Unha debaixo dun cobertizo con dúas grandes mesas e bancos corridos nas que perfectamente pódense sentar unha ducia de persoas en cada unha. Hai outras mesas debaixo dun camelio ó carón dun lagar de viño. E tamén teñen una barra cuns taburetes.

Teñen un pequeno comedor con media ducia de mesas aproximadamente ó carón da barra

Barra - Furancho A Palmeira

Abre tódolos días a partires das 6 da tarde e os fins de semana tamén abre a mediodía. Teñen viño branco ou tinto da zona e acompáñancho con un anaco de tortilla ou o que teñana feito nese momento e xa pola tarde-noite podes pedir empanada, tortilla, pementos, chourizos... Polo que nos dixeron a empanada voa axiña e non tarda en rematarse. Hai que bulir para non quedar sen probala.

Dous viños brancos en unha tapiña de tortilla 2 euros. Outro día viremos con máis tempo a comer esa famosa empanada.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho A Palmeira
Lore

24/01/2019 - 09:16

Empanada de escándalo y vino blanco riquísimo


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: