Furancho A Freixa

Por Furancheiro
Furancho A Freixa

O furancho A Freixa está en Redondela, na parroquia de Reboreda. Chégase de forma moi sinxela pola estrada PO-250 que sube dende Redondela cara Pazos de Borbén. Ao chegar á primeira rotonda collemos á dereita en sentido A Feixa. Continuamos por esta estrada uns 400 metros e xa chegamos ó furancho que está á dereita.

Non dispón de aparcadoiro pero hai sitio dabondo na propia estrada para deixalo coche sen problema.

Xa no interior atopámonos cun lugar que dispón dunha enorme e marabillosa zona exterior onde poder comer debaixo dunhas árbores. Tamén ten un galpón no que xa se está mais resgardado. No interior é amplo e con grandes mesas. É un sitio realmente agradable.

Este furancho abriu fai pouco pero creemos que vai a triunfar. Lévano xente xoven e o trato é case inmellorable. Sempre atentos e dispostos. Como se soe dicir: “coma na casa”. Sérvenche viño branco moi rico e un tinto de paladar un pouco máis forte. De tapas teñen unhas riquísimas empanadillas de chocos na súa tinta ou atún, raxo, chourizo, pementos de padrón, zorza e tortilla entre outras.

Para nós este furancho foi un gran descubrimento e repetiremos se dúbida algunha.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho A Freixa
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario