Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho A Fonte

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Camiño de Cerdedelo, 1
C.P.: 36417
Concello: Mos
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.215036, W -8.628305

Horario:

Dende abril a xuño
xoves e venres: 17:00 a 00:00
sábado e domingo: 12:00 a 16:00 e 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Non dispoñibles

Comparte este furancho:

furancho A Fonte está situado no concello de Mos, moi preto do Aeroporto de Vigo. Chégase dende a estrada Peinador-Os Valos collendo o desvío cara a Cerdedelo/Torroso. Dende este curce baixamos aproximadamente uns 700 metros e xa atopamos o furancho A Fonte.

Non deixa de ser o garaxe da casa e parece máis pequeno do que realmente é. Entrarán doadamente unhas cincuenta persoas sentadas. O que xa non é tan doado é aparcar pola zona. Hai que buscarse un pouco a vida polos camiños cercanos.

Neste furancho pódese facer reserva por teléfono ou whatsapp (tedes o teléfono na información de interese). Na fin de semana é recomendable facela reserva se ides un grupo numeroso porque soe estar ateigado de xente e probablemente non atopedes mesa para todos.

Teñen un viño excelente, tanto branco coma tinto, e gran variedade de tapas. Dende zorza, pementos de Padrón, tortilla, orella, ovos fritidos con chourizo ou táboa de embutidos ata algo de churrasco con patacas e ensalada. Xa sabemos o que ides dicir do churrasco nos furanchos e estamos totalmente dacordo con vós. Tamén teñen algún que outro postre caseiro que merece a pena probar.

Se este sitio está sempre cheo por algo será…

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho A Fonte”

Your email address will not be published. Required fields are marked *