Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho A de Caballero

Por Furancheiro
(7 valoración dos usuarios)

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Pereiro de Arriba, 23
C.P.: 36995
Concello: Poio
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.444682, W -8.707706

Horario:

Dende decembro a xuño
luns a venres: 19:00 a 00:00
sábado e domingo: 12:00 a 16:00 e 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño

Teléfono:

Redes Sociais:

Comparte este furancho:

furancho A de Caballero está en Poio, na parroquia de San Xoán, moi preto de Combarro. Chégase pola estrada que vai dende Poio ata Combarro, antes de chegar ao Hotel Combarro collemos á dereita hacia a Capela de A Renda pola rúa Casalvito en dirección a O Pereiro. Seguindo a Rúa Pereiro de Abaixo chegamos ata Pereiro de Arriba e xa atopamos a entrada ao párking do furancho.

Moi preto deste furancho están as Fervenzas do Pereiro nas que hai unha bonita ruta chea de fervenzas, muíños, carballeiras e pontes sobre o regato, perfecta para os amantes do senderismo.

O furancho A de Caballero dispón de dous aparcadoiros, un a carón do furancho e outro a uns vinte metros máis arriba no outro lado da estrada. Trátase dun sitio moi vistoso cunha casa de pedra rodeada polos viñedos cos que elaboran o viño e no baixo o furancho onde, con toda probabilidade, no pasado houbo un establo de gando.

Por dentro non é moi amplo pero sí que é acolledor. Non chega as dez mesas e hai que ir cedo porque énchese rápido. Ten ese característico recendo a fume da súa lareira que lle da un toque enxebre. Serve viños brancos e tintos de distintas variedades de uvas: caíño, espadeiro, cabernet, albariño. De tapas teñen táboas de embutidos, empanada de pan de millo ou trigo, empanadillas, raxo, zorza, chourizos ou orella. Tamén venden mel da casa.

Esta parte do furancho está aberta dende decembro ata marzo, pero a partires de marzo abren outro uns metros máis arriba ata rematar a tempada a finais de xuño.

Moi bos prezos; dous viños, unha de empanada de zamburiñas en pan de millo e un chourizo fritido con patacas, dez euros.

7 valoracións en Furancho A de Caballero

  1. Anónimo

    DE LO MEJOR DE PONTEVEDRA! Sobre todo una camarera rubia súper amable, buena, dulce y graciosa! ★★★★★

  2. Leticia

    Non coñecíamos este furancho, atopámolo a través do noso gran amigo Jorge, fomos varias veces en determinadas ocasións e repetimos sempre que podemos.
    O que máis nos gustou da súa cociña caseira é a súa empanada de millo de berberecho e zamburiña, o raxo con patacas, a súa tabla de embutido (xamón serrano, queixo, marmelo, chourizo), patacas fritidas con ovos e chourizo, o viño por suposto, todo está moi bo é imposible decidilo.
    Merece a pena ir, o sitio é como antes, o que aquí en Galicia chamamos un auténtico furancho coa súa historia … hai que ir velo e probalo.
    Non podemos olvidarnos da súa xente sempre atenta e amable.
    Animadevos!!!!

  3. Manuel Rey Fandiño

    Onte atopamos este furancho en Pereiro-Poio e quedamos moi satisfeitos pola calidade tanto do viño coma da empanada de millo de berberechos. Ademáis dentro parecía que estábamos dentro de unha bodega típica galega coa sua chimenea e decoración en piedra. Chamounos a atención o mecanismo que teñen montado para transportar a mercancía …deixo ahí para a curiosidade. Habrá que voltar outro dia.

  4. Jose nogueira

    Le prometo hacer una visita un
    Saludo desde Cangas.

  5. José Luis

    Gaita friendly…

  6. Sergio Torres

    O teléfono fixo xa non existe, 692646611 ou 634225820, e abrimos hasta o 30 de xuño pero a 20 metros máis arriba dese furancho, un saudo grazas

  7. Sito

    Furancho do mellorciño. Visita obrigada.

Engadir unha valoración

Your email address will not be published. Required fields are marked *