Furancho A de Aurita

Por Furancheiro
Raxo Furancho A de Aurita

O furancho A de Aurita está situado en Poio, na pintoresca e mariñeira parroquia de Combarro. Dende o alto do furancho hai unhas marabillosas vistas da vila.

Chégase dende Combarro collendo na rotonda que baixa ao porto en dirección subida ata a igrexa de San Roque polo Camiño Real. Seguimos por este camiño ata chegar ó curce co Camiño do Loureiro. Ahí collemos á dereita e temos o furancho a uns 600 metros dende o cruce. O furancho está nun garaxe situado a man esquerda.

As vistas da Ría de Pontevedra e de Combarro dende a estrada son inmellorables. O problema é que non hai moito sitio onde aparcar e hai que deixar o coche na propia estrada pegado ao arcén. Xa dentro do furancho, atopámonos cun sitio amplo, con poucas mesas e con moito espazo libre. Ten unha barra pequena e unha fermosa cheminea de ferro nunha esquina do furancho.

O trato e a amabilidade neste sitio son insuperables. Teñen viño tinto e branco país ou albariño. Póñenche unha tapa para acompañalo viño de fabas que está moi boa. Taza de viño, tanto branco coma tinto, 1 euro. Sen dúbida merece a pena achegarse ao furancho A de Aurita.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho A de Aurita
Sé o primeiro en comentar algo deste furancho
Enviar un comentario