Furancho A Cunca do Viño

Por Furancheiro
Furancho A Cunca do Viño

O furancho A Cunca do Viño atópase no concello de Redondela, na parroquia de Cedeira.

Probablemente é un dos furanchos máis sinxelos de atopar, xa que está na mesma carretera N-552 que une Rande con Redondela. Vindo dirección Redondela, está a uns 200 metros antes de chegar á rotonda do Mercadona. Non ten perda.

Éste furancho ten varios comedores no seu interior con bastantes mesas amplas. Os días que acompaña o tempo, poñen fora unhas mesiñas máis xa que dispoñen dunha boa terraza fronte a casa.

Tapas boas de pementos de Padrón, emapanada de pan de millo de choco ou empanadillas (carne e atún), raxo, tortilla,... Viño rico, tanto branco coma tinto.

Está atendido por xente xoven moi amable. Recomendamos facer unha paradiña neste furancho de cando en vez.

Compartir:

Comentarios sobre Furancho A Cunca do Viño
Daniel salvaje

20/05/2019 - 17:45

Sabado estamos ahí


Enviar un comentario
Pódeche interesar tamén: