Porque o que vai ó furancho e no bebe a oportunidade perde

Furancho A de Aurita

Por Furancheiro

Información de interese

Enderezo:

Enderezo: Camiño do Loureiro, 23
C.P.: 36993
Concello: Poio
Provincia: Pontevedra

GPS:

Coordenadas: N 42.434469, W -8.711458

Horario:

Dende decembro a marzo
luns a venres: 19:00 a 00:00
sábado e domingo: 12:00 a 16:00 e 19:00 a 00:00
estes horarios están suxeitos á finalización do viño ou ás restriccións polo Covid

Teléfono:

Non dispoñible

Redes Sociais:

Non dispoñibles

Comparte este furancho:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on email

furancho A de Aurita está situado en Poio, na pintoresca e mariñeira parroquia de Combarro. Dende o alto do furancho hai unhas marabillosas vistas da vila.

Chégase dende Combarro collendo na rotonda que baixa ao porto en dirección subida ata a igrexa de San Roque polo Camiño Real. Seguimos por este camiño ata chegar ó curce co Camiño do Loureiro. Ahí collemos á dereita e temos o furancho a uns 600 metros dende o cruce. O furancho está nun garaxe situado a man esquerda.

As vistas da Ría de Pontevedra e de Combarro dende a estrada son inmellorables. O problema é que non hai moito sitio onde aparcar e hai que deixar o coche na propia estrada pegado ao arcén. Xa dentro do furancho, atopámonos cun sitio amplo, con poucas mesas e con moito espazo libre. Ten unha barra pequena e unha fermosa cheminea de ferro nunha esquina do furancho.

O trato e a amabilidade neste sitio son insuperables. Teñen viño tinto e branco país ou albariño. Póñenche unha tapa para acompañalo viño de fabas que está moi boa. Taza de viño, tanto branco coma tinto, 1 euro. Sen dúbida merece a pena achegarse ao furancho A de Aurita.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Furancho A de Aurita”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *