Fálanos dun furancho ou recuncho


En Furancheiro encántanos que nos faledes dos furanchos que tendes, que coñecedes ou nos que estivéchedes hai pouco para que o resto de usuarios os coñezan tamén e así poidan visitalos.

Cubre este formulario coa información sobre o furancho ou recuncho que coñezas e publicarémolo na nosa web. Tenta que os datos que nos proporciones sexan o máis fiables e actualizados posibles. No campo da descripción do sitio cóntanos co maior detalle que poidas como é o sitio, a súa comida, o seu viño, o servizo, as súas curiosidades ou o que creas que debe contarse.


Ahora también por Whatsapp

Para que sexa moito máis cómodo e rápido falarnos dun furancho, poñemos á vosa disposición un número de Whatsapp onde poderedes pasarnos toda a información directamente dende o voso teléfono móbil. Tan só tes que premer sobre o seguinte número 644670924 e automáticamente abrirase a aplicación onde poderás falarnos do teu furancho.

Do mesmo xeito que co formulario, intenta proporcionarnos a maior información posible. Para nós é imprescindible saber o nome, dirección, horario, descrición do sitio e algunha foto.

En pouco tempo subirémolo á nosa web e o resto de usuarios poderán coñecelo e facer comentarios sobre o sitio do que nos acabas de falar.

Moitas grazas por axudarnos a facer este percorrido polos furanchos e recunchos da nosa terra.


Formulario para subir furancho

Subir imaxes (debes subir como mínimo unha e como máximo dez)
Arrastra as imaxes ou fai clic para cargar

(Máx. 8Mb por imaxe)